Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maskarpone gaña o Millo Verde

RR_Noticias

A formación ourensá impúxose aos seus rivais no concerto celebrado en Redondela e no que os votos do público foron os encargados de elixir ao gañador desta edición. Unha final na que participaron tamén os outros dous finalistas, os grupos Chío de Moaña e Mala Hierba de Pontevedra. Unha final moi igualada na que os gañadores ademais de levarse os 300 euros do concurso fanse cunha praza no cartel da IX edición do Festival alternativo Millo verde que se vai celebrar os días 11, 12 e 13 de xuño,

Maskarpone xorde en Ourense no 2009. Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional. Xa no verán de 2012, Os Maskarpone voltan ós escenarios logo dalgúns cambios e incorporacións nas súas filas tocando un ska contundente en varios festivais por Galiza adiante. A súa música volverase escoitar no festival Millo Verde logo de que foran os elixidos no concruso-concerto celebrado o pasado venres polo público asistente ao evento musical.  

Nicolás Edreira Millo Verde
Fálanos de Maskarpone

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará