Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente garante a recuperación e rehabilitación do peirao da Portela

RR_Noticias

O concelleiro responsable deste departamento Miguel Angel Alvarez Ballesteros asegura que a empresa de xestión medioambiental contratada para acometer as obras de rehabilitación deste peirao farase cargo dos custes a maiores que poida conlevar recuperar o lugar logo da desfeita realizada. Asegura o edil, que non dubida en cualificar de “auténtica chapuza” o feito ata o de agora, que deberá ser a empresa quen asuma na súa totalidade o custe de retirar o material empregado e non axeitado para este tipo de actuación así como a rehabilitación real dun peirao de gran valor histórico e patrimonial.

O arquitecto municipal tería xa trasladado a empresa un informe no que se recollen as actuacións que hai que levar a cabo e que pasan por desfacer o xa feito coa retirada de entullos e material non axeitado como cascallos de obra e incluso postes da luz que se empregaron nesta actuación. Tamén se esixe que se derruben os muretes feitos con materiais inaxeitados e a soleira de formigón feita con descoido así como que se devolva ao seu estado anterior a rampa de terra que se empregaba para a subida das gamelas. Ínstase tamén á empresa a recolocar as pedras dos distintos muretes existentes a explanada do peirao e o levantamento e recolocación das pedras do espigón de xeito que volva presentar o aspecto orixinal “retirando os cascallos e o cemento empregado”. Explica o concelleiro que o problema radica en que a empresa de xestión medioambiental contratada para realizar os traballos de rehabilitación no lugar “subcontratou a outra empresa para facer a obra que non tivo en conta o valor histórico e patrimonial dun elemento construído na metade do século XVIII”. Confían en que agora se teña máis respecto con este patrimonio “en todo caso, nos non pagaremos un duro máis do orzamentado inicialmente e confiamos en que a obra estea rematada axeitadamente en breve”. O edil non dubida en cualificar de “auténtica chapuza” o feito ata o de agora.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil Medio Ambiente
Cualifica a actuación de chapuza
Retirada e rehabiltiación
O peirao debe ser devolto ao seu estado orixinal sen custes a maiores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará