Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Roda presenta en Redondela os seus temas de sempre recollidos no disco Outra volta de roda

RR_Noticias

O andar miudiño, Pousa,pousa, O gato… e así ata un total de trece temas tradicionais son os que se recolle no disco Outra volta de roda que o grupo presentará no Multiusos da Xunqueira ese domingo nun concerto que terá lugar ás 20:00 horas do vindeiro día 12. Un traballo que quere ser tamén unha homenaxe e unha lembranza a Fito, membro fundador do grupo falecido no 2012.

Alfredo Dourado, Anxo Comesaña, David Cabaleiro, Manuel Dopico e Xan Arcón, integrantes dun dos grupos máis representativos da nosa tradición popular, subiranse ao escenario do Multiusos o vindeiro domingo para interpretar a música de sempre, un total de 13 temas que recollen no seu último traballo, o disco “Outra volta de roda”. Logo de case 40 anos no panorama musical, o grupo naceu oficialmente no ano 1977, A Roda segue xirando e faino cun disco no que atopamos as cancións dos primeiros discos da formación “coa idea de darlle unha reviravolta, unha nova lectura a cancións que forman parte da historia inicial do grupo” en palabras de Dourado. E contan para iso coa colaboracións de recoñecidos artistas como Emilio Rúa ou Luis Vaamonde e as voces femininas de Ses ou Najla Shami, algo que sorprende por asociar tradionalmente a música de A Roda a voces exclusivamente masculinas. Os temas recollidos neste traballo escoitaranse o domingo ás 20:00 horas no Multiusos. As entradas pódense adquirir xa no Café da vila por 5 euros en venda anticipada. O día do concerto na billeteira o prezo será de 6 euros.  

Alfredo Dourado músico
Unha reviravolta aos temas de sempre
Voces femininas e colaboracións
Ses o Najla Shami con algunhas das voces que se poden escoitar no disco
Homenaxe a Fito
E ao resto dos fundadores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará