Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica demoras de máis dun ano na resolución das solicitudes de exención de taxas

RR_Noticias

Os socialistas explican que aínda están sen resolverse as solicitudes de exención de taxas municipais correspondentes ao ano 2014, polo que esta xestión acumula un ano e tres meses de trámite dende a presentación das solicitudes. Unhas exencións que afectan a persoas con necesidades económicas polo que os trámites, ao entender dos socialistas, deberían ser moito máis áxiles. Cualifican este atraso de “completamente ilóxico e irracional”.

A  agrupación  municipal  socialista  comprobou  nos  últimos  días  que  aínda  se  están  a pechar os expedientes das solicitudes de exención de taxas correspondentes ó ano 2014 e que os interesados en acceder ás mesmas tiveron que presentar a finais de 2013. Polo tanto, acumulan un ano e tres meses de trámites.
A concelleira socialista Digna Rivas entende que estes atrasos poderían deberse á falta de persoal nos servizos sociais e lembra que “o pasado mes de novembro o PSOE presentou unha moción para dotar de maior persoal e recursos os servizos sociais e foi rexeitada  polo  Partido  Popular,  as  consecuencias  desa  decisión  e  da  súa  deficiente xestión diaria compróbase agora” e engade que “non se pode entender como os expedientes dun trámite que debería ser áxil tardase máis dun ano e tres meses en resolverse”.
As solicitudes de exención de taxas afecta a persoas con moita necesidade en Redondela e non consideran lóxico que pase tanto tempo para resolverse. Do mesmo xeito, se unha solicitude comeza en decembro de 2013 e resólvese en marzo de 2015 hai moitas posibilidades de que a situación do solicitante sexa completamente distinta. En definitiva, “unha  tardanza  de  tal  magnitude  é  completamente  ilóxica  e  irracional”
A edil do PSOE engade que “este é un capítulo máis da nefasta xestións dos servizos sociais do concello de Redondela. Xa estamos acostumados os aprazamentos nas axudas ó comedor, ós listados de espera de varios meses en Chapela ou a deixar case sen tocar a partida de emerxencia social”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará