Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Coro de Cámara Rías Baixas e Orquestra pechan en Reboreda o ciclo do Pórtico Sonoro

RR_Noticias

A igrexa de Santa María de Reboreda acolle este sábado, 28 de marzo, ás 21.00 h, o último dos concertos do ciclo de música clásica organizado pola Concellería de Cultura
Nesta ocasión o concerto correrá a cargo do Coro de Cámara Rías Baixas e Orquestra, que interpretarán o Réquiem en Do menor de Luigi Cherubini (1760-1842). Hoxe venres o Multiusos acolle o concerto de clausura do curso de Saxofón impartido no Conservatorioa. Un concerto de balde ás 20:00 horas con Jean Pennings e Martien Maas

O Réquiem en Do menor de Luigi Cherubini que se pdoerá escoitar este sábado na Igresx de Reboreda foi estreado en 1817 na conmemoración da execución de Luis XVI. O compositor Italiano compuxo esta obra considerada por compositores coma Beethoven ou Schumann, o mellor drama da época, incluso sobre o coñecido Réquiem de Mozart.
O Coro de Cámara Rías Baixas fórmase a finais de 2013 en Vigo coa finalidade de suplir a carencia de formacións corais que poidan colaborar con orquestras, bandas e grupos de cámara no sur de Galicia.
A formación que se poderá escoitar neste concerto conta con máis de 20 cantores, a catro voces, e 30 músicos que inclúen instrumentos de corda, vento e percusión.
A entrada é libre.
Concerto clausura
Por outra banda, hoxe venres 27 clausúranse as Xornadas de Estudo e Clases Maxistrais de Saxofón, celebradas no Conservatorio Profesional de Música “Víctor Ureña” de Redondela, dende o día 23, co prestixioso mestre holandés Jean Pennings.
Como colofón a este curso celebrarase un concerto de clausura no auditorio da Xunqueira, ás 20.00 h, que contará coa actuación do saxofonista acompañado ao piano polo mestre Martien Maas. Interpretarán Light of Sothis de Amy Quate, e Gavambodi 2 de Jacques Charpentier.
A continuación actuarán varios alumnos que participaron no curso e para finalizar, a Orquestra de Saxos de Redondela, dirixida por Pennings, interpretará Malagueña.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará