Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para se inscribir no programa de conciliación de Semana Santa

RR_Noticias

A Concellería de Servizos Sociais organiza catro días de actividades dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos de idade. Un programa que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril en horario de mañá de 9:30 a 13:30 nas parroquias de Chapela, Negros, Reboreda, Saxamonde e Redondela. As persoas interesadas débense inscribir dende hoxe e ata o venres 27 antes das 12:00 horas presentando a ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

Un programa que ten por obxecto favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas nas que os nenos non teñen clases e que se vai desenvolver nos días non festivos da Semana Santa en cinco parroquias. Organizaranse actividades para rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. En total son 105 as prazas ofertadas con actividades nos multiusos de Redondela e Chapela, na Asociación de veciños de Negros, na sociedade labrego cultural de Reboreda e no centro cultural Chan das Pipas en Saxamonde.
As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de entrada e para participar cómpre presentar a ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición ábrese hoxe mércores e remata o venres 27 ás 12:00 horas. A ficha de inscrición pódese descargar da páxina web do concello ou recollerse nas oficinas do centro de información ás Mulleres (CIM).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará