Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo Chapela gañador da Bandeira Concello A Guarda con dous ouros e tres pratas

RR_Noticias

O equipo redondelán subiu cinco veces ao podio na Bandeira Concello A Guarda de Bateis, Memorial Antonio Torrón. Ocuparon a primeira praza nas categorías Absoluta Feminina e Infantil Masculina, e foron prata en Cadete Masculino e nas categorías femininas de Promesa e Xuvenil. O club de Remo Cesantes quedou na cuarta posición en Infantil Masculino.

A regularidade do Club Remo Chapela permitiulle proclamarse o sábado campión da XVI Bandeira Concello da Guarda e á vez do Memorial Antonio Torrón de bateis, sumando 34 puntos aos que non puideron chegar Mecos (27) e Vilaxoán (26). As probas disputadas no porto guardés tiveron un desenvolvemento magnífico e nelas o Chapela foi o gran protagonista e campión, ao adxudicarse dúas vitorias, infantil masculino e absoluto feminino, ademais de tres segundos postos, cadetes masculino e promesa e xuvenil feminino. Cabe destacar tamén as tripulacións de Mecos da categoría xuvenil masculino e Robaleira no xuvenil feminino, que gañaron por sexta vez consecutiva, mantendo a imbatibilidade. Excelente regata tamén de Amegrove en absolutos masculinos. A próxima cita será o sábado coa Bandeira de Cangas e o calendario xa vai empezando a poñerse moi serio con vistas ao Campionato de España de bateis que este ano se vai a celebrar en augas de Meira en Moaña, os días 25 e 26 de abril, organizado pola S.D. Samertolaméu.
Resultados: Promesa feminino: 1. Vilaxoán, 5.07:06; 2. Chapela, 5.09:31; 3. Mecos, 5.16:41; 4. Samertolaméu, 5.20:10; 5. Vila Cangas, 5.23:72. Xuvenil feminino: 1. Robaleira, 10.28:06; 2. Chapela, 10.34:97; 3. Vila Cangas, 10.50:15; 4. Vilaxoán, 10.51:06; 5. Tirán, 11.31:25. Absoluto feminino: 1. Chapela, 9.48:09; 2. Mecos, 9.55:78; 3. Vilaxoán, 10.05:94; 4. Samertolaméu, 10.20:25; 5. Tirán, 10.23:18. Infantil masculino: 1. Chapela, 4.58:84; 2. Samertolaméu, 4.59:34; 3. Vilaxoán, 5.00:41; 4. Cesantes, 5.02:69; 5. Vila Cangas, 5.05:18. Cadete masculino: 1. Samertolaméu, 6.52:06; 2. Chapela, 7.04:94; 3. Robaleira, 7.05:31; 4. Vilaxoán, 7.13:34; 5. Virxe Guía, 7.19:00. Xuvenil masculino: 1. Mecos-A, 9.16:06; 2. Mecos-B, 9.20:38; 3. Tirán, 9.21:59; 4. Robaleira, 9.28:94; 5. Virxe Guía, 10.06:12. Absoluto masculino: 1. Amegrove, 8.55:91; 2. Mecos, 9.07:18; 3. Tirán, 9.07:22; 4. Moaña, 9.07:52; 5. Coruxo, 9.35:31.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará