Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, lugar privilexiado para observar a eclipse

RR_Noticias

A lúa, a terra e o sol alíñanse mañá para ofrecer todo un espectáculo planetario. Falamos da eclipse solar que se producirá o venres 20 e que se poderá observar a partir das 9:04 minutos. O sur de Galicia en xeral e Redondela en particular serán lugares privilexiados para seguir esta eclipse grazas tamén a que os ceos estarán despezados. Os expertos insisten en que é preciso contar con protección axeitada para evitar danos oculares e ffuxirde “apaños caseiros”.

Así o explican os integrantes da Asociación Astronómica Sirio, especialistas en observación astronómica insisten en que é preciso tomar precaucións e fuxir da tentación de observar o fenómeno directamente. É imprescindible empregar gafas homologadas e non usar instrumentos ou telescopios que non estean preparados para este uso especificamente, tampouco recorrer a ningún artiluxio caseiro como película fotográfica ou radiografías, que non protexerán a nosa vista dos efectos da radiación. Outro xeito de ver unha eclipse con seguridade sería vendo a imaxe proxectada sobre algún tipo de pantalla situada á sombra, o sistema sería facer un pequeno buraco nunha folla, colocala fronte ao sol e proxectar o efecto. A previsión é que o ocultamento solar comece ás 9:04, a esa horas a lúa comezarán a adentrarse no disco solar provocando o comezo dun espectacular eclipse cuxo máximo apoxeo chegará unha hora máis tarde para rematar ás 11:15 horas. En Redondela poderemos observar o fenómeno sen problema xa que os prognósticos falan dun días despexado. Un fenómeno que sempre crea unha gran expectativa e do que hai constancia xa dende hai 3.000 anos. Non se producirá unha escuridade total pero sí a suficiente como para que se dispare a iluminación urbana.  

Asociación Astronómica Sirio
Un fenómeno documentado dende hai 3000 anos
Riscos para a vista
Cómpre tomar medidas para ver o eclipse con seguridade
Dúas horas de eclipse
Dende as 9:04 ata as 11:15

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará