Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clases maxistrais de piano e saxofón con Martien Maas e Jean Pennings no Conservatorio

RR_Noticias

O Conservatorio de Redondela acolle nesta segunda quincena de marzo dúas interesantes actividades de piano a saxofón. A primeira das citas será esta mesma fin de semana co prestixiosos mestra holantés Martien Maas. Do 23 ao 27 de marzo organizan unhas segundas xornadas de estudo a cargo do mestre holandés de saxofón Jean Pennins. Os alumnos interesados poden facelo como oíntes, xa que as prazas para alumnos activos están cubertas.

Co obxectivo de completar as actividades do Conservatorio e dar a oportunidade ao alumnado de participar de clases impartidas por prestixiosos mestres a Anpa do centro de música en colaboración coa concellería de Cultura e a orquestra de saxos organiza un curso de piano co mestre holandés Martien Maas os días 20,21 e 22 de marzo. O  domingo clausurarase o curso cun concerto no propio conservatorio ás 19:00horas.
Na vindeira semana, do 23 ao 27, organizan tamén unhas xornadas de estudo e clases maxistrais de saxofón co prestixioso mestre holandés Jean Pennings.
Os alumnos en participar de calquera das actividades poden facelo como oíntes xa que as prazas para alumnos activos están cubertas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará