Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca de Soutomaior acolle unha lectura pública de Os contos de Joselín

RR_Noticias

A actividade pretende render homenaxe a José Rodríguez de Vicente, autor dos primeiros documentos sonoros do teatro galego e terá lugar o mércores 18 ás 17:30 horas na biblioteca municipal Luis Seoane en Arcade. Con esta iniciativa a biblioteca pretende, ademais de dar a coñecer a obra de Joselín, pór en valor a relevancia da súa figura na historia de Galicia como a un dos autores máis determinantes do teatro e a cultura galega do século pasado.

A Biblioteca de Soutomaior organiza unha sesión de lectura pública con motivo do Día Mundial do Teatro. O obxectivo desta actividade é fomentar o gusto pola literatura e o teatro entre a poboación grazas a lecturas colectivas de relatos en galego. O texto escollido para esta ocasión é Os Contos de Joselín, de José Rodríguez Vicente, o polifacético actor, político e comunicador baionés autor dos primeiros documentos sonoros do teatro galego. A actividade desenvolverase o mércores 18 ao cinco e media da tarde na Biblioteca Municipal de Soutomaior grazas á colaboración dun grupo de voluntariado de lectura do Concello de Vigo. A duración da actividade é de 40 minutos.  

Marisé Pérez Mariño coordinadora
Unha actividade participativa
José Rodríguez de Vicente Joselín
Un polifacético actor político e comunicador

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará