Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR adianta ao Chapela logo da súa vitoria ante o Poio

RR_Noticias

O Construcciones Castro Chapela perdeu pola mínima ante o líder do grupo O Cisne, un partido de máxima emoción que rematou co apertado resultado de 29-28. Unha derrota que permite a SAR avanzar postos na cabeza da clasificación logo de vencer ao pechacancelas do grupo por 29-18. Os de Redondela son cuartos mentres que o Chapela queda relegado á quinta posición en primeira nacional.

O Poio Artai sufriu unha dura derrota na bomboneira. Os homes de Carlos Rey foron claramente superiores sobre todo na segunda parte do encontro cando xa nada puideron facer os visitantes para parar a SAR. Un partido que rematou co resultado de 29-18 e que permite aos de Redondela ascender á cuarta praza da categoría.
Peor lle foron as cousas ao Chapela que caeu pola mínima ante o líder. Encontro moi igualado no que a vantaxe entre os dous equipos nunca superou os dous goles.
Dende o quinto posto, o Chapela recibe na vindeira semana ao Cañiza, situados na décimo primeira praza da clasificación mentres que a SAR se despraza ao campo do sétimo, o Lalín.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará