Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

TilinTilonia, teatro para bebés no Multiusos

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este domingo tres sesións do espectáculo Tilintilonia da compañía O baúl da tía Tola. Orientado a nenos de 6 meses a 3 anos de idade o prezo é de 2 euros cativos, 4 euros o público adulto. As actuacións serán as 17:00, 18:00 e 19:00 horas.

TilinTilonia é un espectáculo para os máis pequenos, nenos de idades comprendidas entre os seis meses de idade e os 3 anos, que busca estimular os sentidos a través das sensacións e as emocións. Pases cun máximo de 20 nenos para favorecer que os pequenos poidan participar nun espectáculo que as súas creadoras queren que sexa o máis interactivo posible para que os nenos descubran as texturas, as cores, os sons e os seres fantásticos que habitan o escenario. Teatro, danza e monicreques son algúns dos elementos que exploran Anna Canadillas e Xoana Baz para interactuar cos pequenos que durante 20 minutos poderán gozar dun mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos.    

Xoana Baz O Baul da Tía tola
Unha obra interaciva
Grupos reducidos
20 persoas para gozar do espectáculo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará