Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os recortes de persoal en Correos provocan atrasos no reparto de cartas en Chapela

RR_Noticias

Hai meses que diferentes barrios da parroquia reciben con moitos días de retraso a súa correspondencia, tanto as cartas ordinarias como notificacións xudiciais, do Sergas ou o do Servizo Galego de Emprego. A centralización do servizo en Redondela e os recortes no persoal de reparto son a causa do deterioro no servizo.

Se ben hai zonas, como o núcleo urbano da parroquia, onde as cartas se reciben con regularidade, hai moitos barrios onde o carteiro chega só “cada catro ou cinco días”, como explica Óscar, que vive en Chapela de arriba. Uns atrasos que teñen provocado graves prexuízos a veciños como Sonia, que recibiu unha citación do xulgado “despois de que se celebrase a vista”. Uns problemas que segundo o sindicato CC.OO., son consecuencia “da política de recortes da empresa”. A delegada sindical, Isabel Mouriño, explica que Correos decidiu centralizar todo o servizo de reparto en Redondela, ao tempo que reduciu o número de carteiros, que pasou de 25 efectivos a 20 para todo o municipio. Á parroquia de Chapela correspóndenlle catro repartidores, que deben desprazarse desde o almacén que a empresa ten nos Eidos. Á rebaixa de persoal súmase o feito de que a entidade tampouco cubre as baixas laborais nin os permisos de vacaións dos traballadores, polo que nalgúns momentos dous ou tres repartidores deben cubrir toda a parroquia “o que é imposible”. Desde a asociación de veciños da parroquia denuncian a situación, con atrasos reiterados no reparto. A presidenta do colectivo, Ángela Méndez, asegura que non se trata dun problema puntual “xa que os atrasos no reparto véñense mantendo no tempo e afectan a diferentes barrios”. Por iso xa solicitaron á Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos “o arranxo desta anomalía” para a correcta distribución do servizo en Chapela. O asunto chegará tamén ao Parlamento. Desde o BNG destacan que o motivo dos atrasos responde “ao empeoramento das condicións laborais en Correos”. Unha situación que afecta tamén a outras oficinas da bisbarra, como é o caso de Soutomaior. As deputadas do Bloque en Madrid, Olaia Fernández e Rosana Pérez , presentaron unha pregunta ao goberno central sobre esta cuestión na que destacan que existe un “continuado deterioro” do servizo de correos no rural galego e, especialmente, en zonas periurbanas como é o caso de Chapela. Na provincia de Pontevedra o número de carteiros reduciuse en 400 postos fixos e 266 eventuais.  

Óscar veciño de Chapela
No barrio onde reside o reparto pasa cada catro días.
Sonia veciña
Os atrasos no servizo impedíronlle asistir a un xuízo por non recibir a citación a tempo.
Isabel Mouriño CC.OO.
No sindicato advirten do recorte de efectivos e da centralización do servizo en Redondela.
Recorte de efectivos
O municipio de Redondela pasou de ter 25 carteiros a tan só 20.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará