Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco tropeza na Laracha

RR_Noticias

Un gol no minuto sete marcou o encontro, que se puxo a favor dos coruñeses. O Choco conseguiu empatar ao comezo da segunda parte, pero finlamente o Laracha superaría aos de Jacobo Montes cun gol a balón padado.

Terceira División
Laracha 2-1 Choco
Pronto se puxo o partido a favor do Laracha, só transcorreran 7 minutos cando Alexandre marchouse do seu par e disparou lonxe do alcance de Cortegoso. A reacción dos de Redondela ante o gol foi colgar balóns sobre Hugo e Silva pero os centrais locais Antonio e Roberto gañaron todos os duelos. Mesmo puideron ampliar a renda os locais pero Óscar Martínez non soubo definir tras unha gran xogada individual. Co temperán 1-0 marcharon ao descanso. Na segunda tamén houbo gol cedo, pero nesta ocasión do Choco. Hugo empatou ao penetrar desde a liña de medios e bateu no un contra un ao meta Damian. O gol deixou tocado ao Laracha pero cando peor o estaba pasando volveu adiantarse no marcador. Foi a balón parado, Beto superou a Cortegoso tras o lanzamento dun saque de esquina. Nos minutos finais o Larcha salvou un córner que non atopou rematador e Damián tivo que intervir a tiro de Félix. Os redondeláns tentárono ata o asubío final, pero xa non puido igualar o marcador. A derrota deixa ao Choco na 8ª posición da táboa. O próximo domingo recibirán en Santa Mariña ao Bertamiráns, o pechacancelas do grupo.
Segunda Autonómica

Vincios 1-2 Choco B
Grazas á vitoria no terreo do Vincios, o Choco B mantén a 4ª praza do grupo, empatados co 3º, o S. Miguel. Na próxima xornada os redondeláns recibirán en Santa Mariña ao Arenas, da metade baixa da táboa.
Descanso no G-11, a próxima xornada xógase o Pontevedra-Arcade
Terceira Autonómica
Descanso no G-14, a próxima xornada o Cesantes xogará no campo do Marcón B, situado un posto por baixo dos redondeláns.
Aprazouse o Coia-Beretes Chapela. Na próxima xornada xógase o Beretes Chapela-Mosende

Chapela 2-2 Nieto
O Chapela é 3º, empatado co 2º, o Miño, logo de empatar co Nieto, líder intratable do grupo. Os goles non chegaron ata a segunda metade. Miguel adiantou ao Chapela pouco despois do descanso. Yeray empatou para os vigueses e Roi, de penalti, deulle a volta ao marcador. Ao final, Jorge puxo o empate para os redondeláns. Na próxima xornada xogan no campo do S. Eulalia, na 5ª praza.
Vilar 2-1 Caselas
O Vilar mantén o 5º posto logo de superar ao Caselas B nun partido moi igualado, que se xogou de poder a poder. Máis complicado o terán na próxima xornada, xogan no campo do líder, o Pontellas B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará