Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CampitoFS non perdoa ao Garcíaaraujo

RR_Noticias

O equipo de Chapela foi o único que logrou a vitoria esta fin de semana cun contundente 10-3. Peor sorte correron o Redondela FS que caía ante o Autos Leirós por 5-3 e o Arealonga que perdía na casa ante o Outeiro Rei, un partido que rematou co resultado de 6-9.
 

Desiguais resultados na Autonómica Sur cun Campito que cada vez se afianza máis na categoría. Atópanse no noveno posto da táboa logo de vencer cun contundente 10-3 ao Garcíaaraujo nun partido disputado en Chapela.
Pola súa banda o Redondela perdía no último minutos as opcións de puntuar nun partido emocionante disputado no pavillón Óscar Pereiro de Mos., entre dous equipos que o deron todo na pista. De feito, os de Julio Mougán puxéronllelo moi difícil aos locais e conseguiron empatar a tres tantos cando faltaba pouco máis dun minuto para que rematase o encontro. Uns segundos finais moi emocionantes xa que lle serviron ao mos para que André, xogador protagonista do encontro, lograra dous novos tanto ata deixar o partido no definitivo 5-3.
Os redondeláns perden desta maneira a terceira posición, baixan un posto e na vindeira semana enfróntanse ao Baiña, un partido que terá lugar na bomboneira.
Xa na autonómica norte o Arealonga caía ante o Outeiro Rei. De nada lles serviu aos de Chapela xogar na casa, xa que os visitantes foron superiores nun encontro que rematou co resultado 6-9.
Na próxima xornada o Arealonga desprázase ao campo do Castroverde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará