Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Míguez: A situación laboral fai que a xente estea volvendo ao mar

RR_Noticias

A efectos prácticos exerce de Patroa maior da confraría logo de que unha moción de censura relevase do cargo a José Luís Rubianes. Nada máis asumir estas responsabilidade Rita Míguez tivo que enfrontarse a “irregularidades contables” que supuxeron un desfalco de máis de cen mil euros por parte dun traballador que durante anos estivo traballando na Confraría. Dá por superado ese episodio e pon agora o punto de mira na necesidade de mellorar “a precariedade que presenta o sector”.

A confraría de Arcade ten tres pesquerías principais a da anguía, o marisqueo a pe e a flote e o choco. Sectores que atravesan unha situación difícil que respondería a diversos motivos: a contaminación, os vertidos, as correntes de auga doce provocadas polas riadas e pola apertura do encoro de Eiras, a desaparición de especies ou incluso a propia acción dos traballadores “que as veces exceden ao cupo de capturas permitidas”. Lembra ademais que cada vez son máis as persoas que buscan no mar unha saída laboral malia a precariedade do sector e pon como exemplo a oferta de 20 postos de marisqueo aos que se presentaron máis de cen mulleres Unha situación complicada que podería empeorar no caso de que chegase tamén a Arcade o parasito que está a afectar a outras rías e que está exterminando as poboacións de berberecho. Unha epidemia que se detectou no 2012 en Arousa, que os biólogos aínda non lograron controlar e que se está estendendo a outras rías.  

Rita Míguez Patroa Maior en funcións
Unha moción de censura no pósito de Arcade levouna a ocupar o posto
Sector precarizado
Baixos salarios e cada vez menos produto
Chegada do parásito
Non descaran que afecte tamén ao marisco de Arcade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará