A Concellería da muller de Soutomaior a través do seu Centro de Información ven de convocar un novo taller de traballos en coiro. Trátase dun curso de 25 horas de duración no que os participantes darán renda solta á súa creatividade. O Taller está dirixido por Miro Magariños.
O polifacético artista coñecido polos seus traballos de actor tanto en teatro como televisión, é tamén mestre de coiro. Será o encargado dun curso no que os asistentes aprenderán historia e teoría dos curtidos na parte teórica, sendo os contidos principalmente prácticos coa realización de pezas nas que basicamente os alumnos poderán aprender patronaxe, corte, despece, costura e acabado de pezas.
As clases comezarán o próximo xoves 5 de febreiro e impartiranse todos os xoves en horario de 17,00 a 19,30 Horas.
Mais información en Centro Información a Muller – Multiusos Arcade – Telefono 986 701227.