Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa a Reguera de non dar a cara logo das acusacións dos promotores do proxecto de Canabal

RR_Noticias

O concelleiro de Urbanismo, Arturo González asegura que “os socialistas de Redondela enganaron aos empresarios cun convenio no que se comprometían a incluír esta actuación no PXOM, ou a desenvolver unha modificación puntual dos terreos se non aprobaban o plan urbanístico”. O PP súmase así a polémica xerada en torno ao proxecto de construcción dun centro comercial logo de que os seus promotores acusaran aos socialistas de non cumprir os seus compromisos para recalificar a finca de Canabal.

As declaracións de José Antonio Gómez nas que acusaba ao PSOE e ter un compromiso coa Unión Comercial de Redondela para facilitar a construcción dun centro comercial en Vilavella seguen no centro da polémica. Logo de que o PSOE, a través do seu secretario Xeral, Leonardo Cabaleiro se desvinculase de calquera tipo de acordo con estes empresarios, agora os populares fan pública unha nota de prensa na que aseguran que o PSOE asinou un convenio urbanístico no que se comprometían a incluír esta actuación no PXOM ou desenvolver unha modificación puntual dos terreos se non aprobaban o plan urbanístico
Atacan directamente ao actual candidato socialista Eduardo Reguera a quen lle lembran que “dous meses antes das pasadas eleccións municipais o goberno bipartito do que formaba parte o sr. Reguera impulsou a modificación puntual de Canabal, iniciando os trámites para recalificar eses terreos a través dun expediente que a Xunta de Galicia desbotou por non cumprir coa legalidade.”
Segundo González “o mais indignante é que o sr. Reguera nin sequera se digne a dar unha explicación sobre este tema e se limite a repetir tópicos por boca dun recadeiro. Enchéselles a boca pedindo transparencia e información, pero cando ten que dala cara, agóchase detrás de Emilio Gonzalez, de Orge e agora de Cabaleiro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará