Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 800 rapaces participarán en Cesantes no Campionato Provincial de Campo a través

RR_Noticias

A proba enmárcase na programación do Plan Xogade, da Xunta de Galicia, e disputarase na praia de Cesantes o sábado, día 31, a partires das 10.45 horas. Competirán máis de 800 rapaces de toda a provincia nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Farán un percorrido de entre 600 e 4.000 metros, en función das idades.

O programa Xogade ten por obxectivo “promocionar e fomentar” a práctica de actividade física na poboación escolar galega. O coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo, agracedeu a boa colaboración do Concello de Redondela para a organización desta proba, que terá lugar nun enclave natural cunha beleza “difícil de superar”. Os participantes, de entre 8 e 15 anos de idade, farán un percorrido que oscila entre os 600 e os 4.000 metros, en función das idades. O concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, anima a todos os veciños a achegarse ata a praia para presenciar a proba, xa que será unha carreira de gran vistosidade coa que se pretende fomentar tamén a práctica do deporte entre os máis novos. Os atletas que se clasifiquen nesta proba participarán no Campionato Galego de Campo a través, que se disputará o 23 de febreiro en Ourense. Eleuterio García, organizador da carreira, salienta o bo momento do atletismo en Galicia. Sinala que, malia que a comunidade carece de corredores a nivel olímpico, o atletismo está a rexurdir con máis participación de rapaces e de persoas de todas as idades nas carreiras populares.  

Guillermo Reinaldo coordinador de Deporte Escolar da Xunta
Reinaldo destaca o marco natural da Enseada de San Simón para a celebración desta proba.
Jesús Crespo edil de Deportes
O concelleiro anima aos veciños de Redondela a presenciar esta proba na praia de Cesantes.
Eleuterio García organizador da carreira
García saliena o bo momeno do atletismo en Galicia un deporte en auxe entre os máis novos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará