Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica o investimento de 3000 euros en mandís

RR_Noticias

A agrupación socialista critica que dende a concellería da muller se gastasen 3.000 euros en mandís “mentres ten que devolver subvencións concedidas pola Xunta para facer un taller de igualdade nos centros escolares”. A socialista Digna Rivas entende que o investimento foi un “despilfarro” e cualifica de “notablemente desacertadas” as políticas do PP local en materia de igualdade.

A iniciativa da Concellería da Muller de investir 3.000 euros para o reparto de mandís de forma gratuíta entre os veciños é entendida polo PSOE como un “despilfarro”. A concelleira socialista Digna Rivas asegura que o goberno de Javier Bas non ten capacidade para realizar actividades ou programas ós que destinar o orzamento da concellería e, a última hora, decidiu encargar os mandís e repartilos de xeito gratuíto, como se os cartos non saíran dos propios redondeláns”.
A esta situación engaden que o pasado 4 de decembro ó concello tivo que devolver á Xunta unha subvención xa concedida en materia de igualdade para a organización dun “taller de igualdade nos centros educativos de Redondela”. Unha situación que Rivas cualifica de “insólita e incomprensible, primeiro pídese unha subvención para facer un taller de igualdade en centros educativos, renunciase a esta actividade” Conclúe a edil que no PP “preferiron a foto dos 3.000 euros, pero renunciaron a unha actividade que si é efectiva en materia de igualdade e que, ademais, non custaría nada ós fondo municipais”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará