Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trasmañó celebra o domingo a VI edición da Festa do Cocido

RR_Noticias

Unha cita gastronómica enmarcada no programa das Festas na honra de San Vicente que arrancan este xoves e que se prolongarán durante catro días con actividades para os máis pequenos, verbenas, actos relixiosos e a Festa do Cocido no transcurso da cal se desenvolverá o III Festival de música tradicional galega.

  O programa arranca mañá xoves con pasarrúas e misas cada hora dende as dez.Coincidindo co día do patrón a misa central será a unha do mediodía e estará cantada pola coral de Teis. A continuación os fieis sairán en procesión. O venres os actos centraranse no horario nocturno con verbena amenizada pola orquestra Televisión a partir da dez da noite. O groso das actividades centraranse na fin de semana. O sábado cobra protagonismo os máis pequenos con xogos populares e cucañas no recinto da festa a partir das 16.30 horas. Haberá tamén animación infantil co grupo Rivel. Os participantes recibirán ademais agasallos por parte da comisión de festas. Xa pola noite a verbena que arrancará ás 21.00 horas contará coas orquestras Marbella e Palladium, con actuación fin de festa a cargo do Dj Carlos González. O domingo terá lugar a VI edición da Festa do cocido. Por 20 euros os comensais poderán degustar un completo menú con sopa, cocido, sobremesas, viño, café e chupito. Haberá tamén humor co humorista Lucho-Luchiño.   As seis da tarde arrancará o III festival de música tradicional con actuación dos grupo de gaitas Os Beretes de Chapela, Os de debaixo da Ponte de Rande e o grupo do Centro cultural de Trasmañó. Escoitaranse tamén as pandeiretas dos grupos Ledicia e o grupo Antela de Vigo. Dende a organización animan aos veciños a se achegar e insisten en que hai habilitado un recinto cuberto cunha gran carpa climatizada para evitar as inclemencias meteorolóxicas.  

Juan González presidente Comisión de Festas
Fálanos do programa do sábado
Festa do Cocido
Unha cita gastronómica que queren consolidar
Lucho Luchiño
Haberá humor co artista coruñés

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará