Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden o peche do parque infantil de Pasán polo risco que supón a proximidade da AP-9

RR_Noticias

Esquerda Unida critica que dende o goberno local se invista no arranxo e mellora deste parque infantil cando ao seu entender debería estar pechado entre outras cuestións polos prexuizos que a proximidade da autoestrada pode causar na saúde dos pequenos.

Explican dende a formación política que este parque está situado na zona de servidume da autoestrada AP-9 lugar no que “segundo a lei non pode haber nada”. Por ese motivo cualifican de irresponsable a actuación do Concello quen “en ningún momento ten en conta a colocación de pantallas acústicas tanto neste parque en cuestión como no parque da Igrexa de Chapela que se atopa na mesma situación de contaminación acústica”.
A todo isto habería que sumarlle a proximidade do parque de Pasán coa autoestrada; separado tan só por unha valla metálica de 1.5 metros de alto e que tamén pode causar risco no trafico e nos usuarios “pola facilidade de saltar o aramado, o risco dunha proxección das rodas dos camións, que cheguen ata o parque os restos dalgún accidente ou que acabe na propia autoestrada unha pelota sen control”.
Conclúe Esquerda Unida que lamentando que “na actualidade por motivos de seguridade, insalubridade e por carecer dunha actuación seria sobre a contaminación acústica, o parque tería que estar pechado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará