Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os usuarios das bibliotecas apostan pola novela negra e a literatura romántica

RR_Noticias

Os usuarios das bibliotecas municipais de Redondela escolleron, un ano máis, as súas lecturas predilectas entre as obras publicadas no 2014 premiando a última obra de Camilla Läckberg e o título “El jardín a la luz de la luna” de Corina Bomann. O misterio e o romance no caso dos adultos mentres que o humor, o drama e a fantasía entre os máis novos, son os xéneros que se impuxeron este ano. Por segundo ano consecutivo, un cómic fíxose tamén cun dos postos de honra.

As bibliotecas municipais de Redondela promoven cada ano a elección do Libro do Ano entre os seus usuarios, tanto adultos coma infantís. Estes distinguen cos seus votos as súas obras predilectas entre as editadas o ano anterior. Os adultos en Redondela apostaron pola última novela de Camilla Läckberg “La mirada de los ángeles” mentre que en Chapela resultou premiada a obra “El jardín a la luz de la luna” de Corina Bomann. Entre os máis pequenos a serie “Diario de Greg”, un clásico nas preferencias do público xuvenil resultou gañador un ano máis na axencia de lectura de Chapela. Na Biblioteca Municipal, un empate entre o conto inspirado na curtametraxe gañadora dun Goya, “Cuerdas” e o cómic de fantasía heroica “Parvaterra” de Raúl Arnáiz foron os predilectos dos lectores máis novos. Entre todos os participantes na votación sorteáronse os títulos gañadores sendo os afortunados Xurxo Ojea Docampo, Rocío Gallego Domínguez, Iago García Araújo e David Villar Piñeiro.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Fálanos das recomendacións dos adultos
Os nenos tamén opinan
Clásicos e novidades entre as súas preferencias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará