Hoxe é Sábado 25 de Xuño de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER pide que se recupere a vexetación autóctona na senda do río Maceiras

RR_Noticias

Critican a actuación realizada dende o goberno local por incluír especies foráneas “como unha palmeira ou un rodoendro, esquecéndose da flora típica do bosque de ribeira (salgueiros ou amieiros)”. Confían en que logo da roza realizada polos operarios “agora deixen crecer a flora da zona plantado especies características deste entorno, evitando a proliferación de especies invasoras”.

A Agrupación de Electores critica que na recuperación e posta en valor da senda do río Maceiras non se prestara maior atención á vexetación do lugar. Así, critican que se plantaran especies foráneas como unha palmeira e un rododendro de orixe asiática e uns fentos de orixe australiana cando sería o máis acaído, ao seu entender, poñer flora típica do bosque de ribeira como por exemplo un salgueiro ou un amieiro, que son as arbores que soen ocupar a liña máis preto ao río.
En canto á roza realizada no lugar confían en que logo de rozar varios metros no entorno do río “entendemos que para facilitar a retirada do lixo” agora a deixen crecer “especies características deste entorno evitando a proliferación de especies invasoras”. Lembran neste sentido que estas zonas de sotobosque con silveiras, fentos, herbáceas, arbustos, serven de refuxio para una gran variedade de fauna e son garantes da biodiversidade do entorno.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará