Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco imponse ao Xuventú Sanxenxo por 2-1 xogando en inferioridade numérica

RR_Noticias

O equipo de Jacobo Montes volveu comezou a segunda volta reencontrándose coa vitoria, xusto cando peor pintaban as cousas. Hugo puxo o 2-1 para o Choco logo da expulsión de Lucas e a lesión de Albert. O triunfo chegou cando o encontro estaba a piques de rematar.

Terceira División
Choco 2-1 Xuventú Sanxenxo
O Choco comezou a segunda volta cunha importante vitoria. O Sanxenxo puido adiantarse nos primeiros 15 minutos nun remate de Ramón. Con todo foi o Choco o que marcou primeiro superada a media hora, nunha acción na que os visitantes reclaman falta de Silva sobre Alfonso. O dianteiro local leva o balón e cede a Hugo, que non perdoa. Na segunda parte o Sanxenxo presionou arriba e conseguiu o empate en xogada de Rubén que rematou Ramón na área pequena co peito. Co 1-1 o partido abriuse ata que Lucas viu a segunda amarela por un agarrón. Os visitantes buscaron a vitoria, pero a falta de dous minutos víronse sorprendidos por unha contra local, finalizada por Hugo, que serviu aos redondeláns para pór fin á súa mala serie de resultados. O Choco é agora 9º, con 30 puntos,os mesmos que o Arousa e o Ribadeo. A próxima xornada desprázanse para xogar co Vilalbés, na 6ª praza, que suma un punto máis que os redondeláns.
Segunda Autonómica

Teis 2-2 Choco B
O filial do Choco baixa unha posición no grupo 12 logo do empate no campo do Teis. Agora son 3º, a próxima fin de semana recibirán ao C.Vitoria, 7º clasificado.
Zacande 2-1 Arcade
O Arcade non é quen de remontar posicións, e logo da derrota no campo do Zacande ocupa a 14ª praza do Grupo 11. E vai ter complicado mellorar a súa situación xa que a próxima fin de semana recibe ao Figueirido, cando o equipo pontevedrés está na 6ª praza.
Terceira Autonómica

Soutomaior 1-5 Cesantes
O Cesantes foi o claro vencedor do derbi comarcal logo de superar ao Soutomaior por un abultado marcador. O Cesantes é 14º e a próxima xornada recibe ao pechacancelas, o Caroi.
Beretes Chapela 2-3 Sta Eulalia
O Peña Beretes non foi quen de superar ao Sta Eulalia, e baixa á 9ª posición do grupo. O Peña Beretes terá ocasión de mellorar os seus resultados na próxima xornada, xa que visita o campo do pechacancelas, o Fortuna Vigo, que nin sumou aínda ningún punto nesta liga.

Coia 0-0 Chapela
O Chapela ocupa o 2º posto do grupo 16 logo do empate no campo do Coia, nun partido sen goles. A próxima cita será en Chapela co Mosende, da metade da táboa.
Louredo 0-3 Vilar
O Vilar é 5º logo de gañar no campo do pechacancelas. A próxima xornada recibe ao Vilasobroso, que é 4º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará