Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A obra “Pintores expres” inicia o Ciclo de teatro da Asociación Cultural de Chapela

RR_Noticias

O Auditorio do Multiusos de Chapela acolle durante o mes de xaneiro e a primeira fin de semana de febreiro a III edición do ciclo de teatro que organiza esta asociación e que contará coa presenza das compañías Expresión Teatro de Pontevedra, teatro Alecrín, teatro Fonte da Tella e o grupo teatral do Centro Cultural de San Fins de Rebordáns.

A primeira das actuación será este mesmo sábado ás 18:00 horas cunha obra pensada especialmente para o público infantil. A compañía Expresión teatro de Pontevedra porá en escena ás 18:00 horas a obra Pintores expres con sorpresas e agasallos para os máis pequenos.
O ciclo continuará no mesmo escenario o sábado 24 de xaneiro ás 20:00 horas co grupo de teatro Alecrín e a obra”Bulto Negro”. 
A mesma hora o sábado 31 de xaneiro a obra teatral “Voda ou Funeral” será interpretada pola Compañía de Teatro Fonte da Tella.
O ciclo de Teatro rematará o sábado 7 de Febreiro, co grupo do Centro Cultural de san Fins de Rebordans quen porán en escena o título “Compravenda”
A entrada para todos os pases será de balde con venda de rifas para un sorteo
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará