Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para se inscribir nun curso de masaxes para bebés que organiza Maimiña

RR_Noticias

A asociación de crianza natural organiza un cursos de masaxe dirixido a nais embarazadas e nais e pais con bebés menores de sete meses. A actividade estará impartida por un fisioterapeuta e consta de dúas clases. Información e inscrición no enderezo maiminha.asociacion@gmail.com.

Os asistentes recibirán información teórica e clases prácticas sobre como realizar unha masaxe a bebés, como empregar as masaxes para mellorar os cólicos do lactante, coñecerán tamén algunhas cancións con masaxe e contos sobre a pel.
As prácticas faranse sobre un modelo artificial e/ou sobre o propio bebé.
Os participantes deberán acudir con roupa cómoda, unha toalla e unha mantiña para o bebé.
Faranse 4 grupos de 4 asistentes cada un e as clases impartiranse o martes 13 de 11:00 a 12:30 e martes 20 xaneiro de 11:00 a 12:00 para o grupo 1, mentres que o grupo dous asistirá ao taller o venres 16 xaneiro de 11:00 a 12:30 e venres 23 xaneiro de 11:00 a 12:00
Os que prefiran o horario de tarde terán a posibilidade de asistir o venres 16 xaneiro de 16:30 a 18:00 e venres 23 xaneiro de 17:00 a 18:00. Ou nas mesmas datas en horario de 18:00 a 19:30 e de 18:00 a 19:00.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará