Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Reis Magos chegan a Redondela acompañados dun amplo séquito e o tren “chu-chú”

RR_Noticias

Máis de 80 nenos e nenas poderán participar este ano na Cabalgata de Reis de Redondela, grazas á incorporación dun tren turístico que fará o percorrido polas rúas da vila coas Súas Maxestades de Oriente. A comitiva partirá ás 18.30 horas do Convento de Vilavella e percorrerá as principais rúas do municipio. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os nenos no Concello.

  Cada ano son moitos os rapaces que solicitan acompañar aos Reis Magos nas súas carrozas, pero a falta de espazo e as necesarias medidas de seguridade fan imposible que todos poidan participar. Para evitar este problema, o departamento de festas do Concello decidiu que este ano participe na cabalgata un tren turístico, dos coñecidos popularmente como “tren chu-chú”, no que poderán ir montados todos os nenos que quedaron en lista de agarda en anos anteriores. A concelleira Herminda Quelle explica que, deste xeito, poden dar resposta á demanda dos máis pequenos. Tamén avanza que este ano a cabalgata será “máis espectacular e luminosa”, aínda que non quere dar máis detalles “para non desvelar a sorpresa dos Reis Magos”. Como sempre, as Súas Maxestades chegarán tamén cargados de caramelos para repartir entre público, “para os nenos e tamén para os maiores”. Lembrar tamén que unhas horas antes da saída da comitiva pecharanse ao tráfico as rúas do centro da vila para permitir o paso das carrozas.

Herminda Quelle concelleira
A edil explica como vai ser a cabalgata e as novidades
Cabalgata máis espectacular
Moio máis espectacular luminosa e cargada de sorpresas será a cabalgata

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará