Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros, xogos deportivos e cine no pavillón de deportes

RR_Noticias

Un nadal Infantil solidario que organiza TokApp School en colaboración co Concello de Redondela e que se vai desenvolver o vindeiro venres día 26 en horario de tarde de 16:00 a 21:30 e os días 27 e 28 de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 21:30. O prezo da entrada é de 2 euros. No caso de achegar un produto non perecedeiro ou un xoguete pagarase só un euro. O obxectivo é reunir alimentos que se doarán a Cáritas Redondela.

A plataforma Tok App School é unha ferramenta que permite poñer en contacto a todos os participantes no proceso educativo. Nesta ocasión, co gallo de ofertar a pais, nais e rapaces unha xornadas de lecer, organizan en colaboración co Concello un Nadal Infantil no que as actividades principais xirarán en torno aos xogos típicos galegos. Así, haberá carreiras de sacos, o xogo da corta e as cadeiras, xogarase ás chapas… e outras actividades que os maiores adoitaban practicar na rúa. Os asistentes poderán tamén participar en diferentes obradoiros da man do Centro de Ocio Os Ourizos, Nenoos, Dublin, JumPing Clay, Arume ou xogar á petanca da man da Federación Galega. A maiores poderase practicar o Tiro con arco con Meigarco e haberá circuitos de bicicleta da man do Club Teis Non se deixará de lado o cine, con sesión nocturna os tres días ás 20:00 horas. Os asistentes poderán tamén optar a diferentes premios e sorteos achegados polos colaboradores na actividade.  

Javier Romero TokApp School
Fálanos das actividades que se van desenvolver no pavillón
Nadal Infanil solidario
Alimentos e xoguetes serven como doazón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará