Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Localizado en Mos o cadáver dunha muller de Redondela que desaparecera onte domingo

RR_Noticias

A muller, de 79 anos e veciña de Saxamonde, permanecía en paradoiro descoñecido desde as 15.00 de onte. O seu corpo xacía preto do río, en Mos, nunha zona próxima a Os Valos. Un particular localizou o corpo na madrugada deste luns.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o particular localizou o corpo sen vida da muller no río que transcorre preto dos Valos pasadas as 1.00 horas da madrugada. O 112 xa tiña constancia da desaparición da muller, que a súa familia denunciara sobre as 22.30 horas ante a Policía Local. A muller permanecía en paradoiro descoñecido desde as 15.00 horas. Para a procura mobilizáronse efectivos da Garda Civil, coa súa unidade canina, Policía Nacional, Protección Civil e familiares da desaparecida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará