Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protección policial para os xitanos zamoranos que acudan á feira en Redondela

RR_Noticias

O pleno do concello amosa o seu apoio e solidariedade coas familias desterradas que están sendo sometidas supostamente a “prácticas mafiosas e antidemocráticas” por parte do clan que preside Sinaí Giménez. O departamento de feiras e mercados non permitirá a ocupación dos postos dos “zamoranos” que permanezan baleiros tal e como propuxo a Agrupación de Electores.

O vindeiro domingo 21 de decembro celébrase en Redondela unha nova feira marcada, como no caso das dúas anteriores, por unha maior presenza policial co gallo de garantir que os coñecidos como “xitanos zamoranos” e que son titulares dalgún posto conten cunha protección especial que lles permita exercer o seu oficio no caso de que decidan acudir. A Agrupación de Electores a través do seu concelleiro Alfonso Blanco solicitaba do goberno local que se actuase de cara a protexer a estas persoas que sufriron un desterro logo dun conflicto co coñecido como clan galego. Logo de regresaren o problema continúa e está xa en mans da Fiscalía. Estes feirantes non se atreven a regresar ao traballo por medo a posibles represalias. Dende o BNG salientaban tamén o oportuno de amosar o apoio do concello a estas familias afectadas por “prácticas mafiosas que obrigan a un grupo de cidadáns a exiliarse baixo ameazas de que si volven algo pode acontecer”. O edil Xoán Carlos González criticaba que non se teñan adoptado medidas dende administración como a Subdelegación do goberno ou as Consellería de ensino e benestar Social. O edil do PSOE, Eduardo Reguera, amosaba a súa preocupación pola situación destas familias en xeral e particularmente polos nenos que seguen sen escolarizar por temor a regresar ás clases logo do desterro. A moción de AER foi aprobada por unanimidade aínda que dende o goberno, a responsable de feiras insistiu en que dende a súa chegada ao departamento xa foron conscientes da problemática motivo polo que se adoptaron unha serie de medidas de cara a mellorar a ordenanza que regula a xestións dos postos da feira. Entre as modificacións incluíuse a obrigación de que sexa unha persoa física que teñan a concesión do posto e non unha cooperativa para evitar practicas fraudulentas. Todos os grupos estiveron de acordo en amosar o seu apoio ao colectivo afectado e rexeitar as prácticas mafiosas e antidemocráticas que provocaron o seu desterro.

Concelleira Festas Erminda Quelle
Garanten a seguridade dos xitanos zamoranos con maior presenza policial
Alfonso Blano AER
Piden ao goberno local que actúe para protexer a este colectivo
Eduardo Reguera PSOE
Preocupados pola falta de escolarización dos nenos
Xoán Carlos González BNG
Critican que non se tomasen medidas dende as administracións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará