Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP solicita que se garanta o servizo de extensión agraria en Redondela

RR_Noticias

Aseguran dende o PP que logo da xubilación dos dous funcionarios que atendían estas oficinas en Redondela o servizo pode vense reducido ou incluso pechadas as dependencias en datas próximas. Ante esta situación solicitan o apoio do resto dos grupos da corporación para lle solicitar á consellería de medio rural que se fagan as previsión necesarias para garantir a continuidade dos servizos que veñen prestando.

O servizo de extensión agraria dependente da Consellería atende non só aos veciños de Redondela senón tamén os dos concellos limítrofes de Soutomaior e pazos. As funcións que desenvolve a oficina de Redondela, como o rexistro de entrada de solicitudes e a tramitación e asesoramento en materia de permisos de corta ou queimas, constitúen un recurso fundamental para a atención das necesidades dos veciños nunha bisbarra que ten unha importante dimensión agraria. Algunhas destas funcións xa deixaron de tramitarse na oficina de Redondela logo da xubilación de dous dos seus funcionarios e as dependencias poderían incluso chegar a pechar en datas próximas segundo explican dende o PP. Por este motivo fan esta solicitude á Consellería.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará