Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Celso Samartin presenta en Chapela o monólogo Manterse a contos

RR_Noticias

Unha nova proposta de narración oral chega ao Lareta, o festival de monólogos que organiza o Servizo de Normalización Lingüística e que se vai desenvolver no Multiusos do Piñeiral. A actuación será o sábado ás 20:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros para o público en xeral, 3 estudantes e xubilados.

Este autor lalinense, que ten publicado diversos libros de poesía, e cunha formación humanística e sobre cultura e tradición oral moi extensa, aliméntase precisamente diso, das historias que a xente de máis idade lle foi contando durante a súa vida. O pouso desa oralidade recibe, da súa man, un verniz de actualidade que fai das súas historias algo próximo, vivo e divertido.
O Servizo de Normalización Lingüística organiza este ciclo que pretende poñer o acento na importancia da oralidade para transmitir as historias de vello, pero tamén as novas creacións e as apostas escénicas máis atrevidas, gozando da musicalidade, do acento e dos recursos expresivos da nosa fala, que son o principal valor da transmisión interxeracional da nosa lingua propia.
O espectáculo será o vindeiro sábado 6 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela.
As entradas poderanse adquirir dende o xoves 4 nos multiusos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego, cun prezo de 5 € para a entrada xeral, e 3 € para persoas xubiladas e estudantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará