Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a humanización de Os Eidos e o PP anuncia un proxecto para a zona

RR_Noticias

A degradación do barrio de Os Eidos, un dos que máis crecemento experimentou nos últimos anos cunha elevada construcción de edificios e a chegada de familias moitas delas con fillos, fai necesario que se acometan no lugar unha serie de mellorar encamiñadas a humanizar a zona. Así o entenden no BNG que no último pleno presentaron unha moción neste sentido. Unha proposta que contou co apoio de todos os grupos malia asegurar o PP que no goberno local conta dende abril deste ano cun proxecto global encamiñado a recuperar o barrio.

A proposta defendida pola nacionalista Cecilia Pérez pasa por desenvolver na zona de Os Eidos medidas encamiñadas a incrementar as zonas de esparcemento e lecer no lugar, mellorar a seguridade viaria coa construcción de pasos de peóns sobre lombos e mellorar tamén a limpeza. Solicitan ademais que se inste aos propietarios de solares en construción a desmontar os guindastres e limpar o refugallo. Unhas propostas que se atopaban co apoio unánime de todos os grupos. Alfonso Blanco de AER criticaba a falta de atención por parte do goberno local cara un lugar no que é obvia a degradación malia tratarse dunha zona con moita presenza poboacional O socialista Eduardo Reguera insistía en que é preciso atender e mellorar este barrio que “do mesmo xeito que o Salgueiral foron os lugares nos que creceu Redondela e que precisan dunha atención maior” Os populares decidiron apoiar a proposta malia que segundo dixo o voceiro do PP, Miguel Angel Álvarez Ballesteros “temos dende abril do 2014 un proxecto de urbanización global para este barrio cuxa actuación inicial consistirá en mellorar o saneamento coa separación de augas pluviais e fecais”  

Cecilia Pérez BNG
Defendía unha moción reclamando melloras no barrio de Os Eidos
Alfonso Blanco AER
Un barrio esquecido
Eduardo Reguera PSOE
Lembra que é unha das zonas que máis creceu do concello
Miguel Angel Alvarez PP
Asegura que no goberno teñen dende abril un proxecto global de mellora

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará