Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A creación de emprego estáncase na bisbarra

RR_Noticias

Os datos do desemprego falan dun mes positivo para a creación de emprego no estado español mentres que amosan a cara contraria en Galicia onde se incrementou o número de parados en 4.588 persoas. Na nosa bisbarra os cambios son mínimos. En Redondela son 2.578 as persoas paradas, 24 menos que no mes de outubro mentres que en Soutomaior son 21 veciños máis os que pasaron a engrosar esa lista.

O paro rexistrado durante o pasado mes de novembro amosa o desigual comportamento do mercado laboral segundo analicemos os datos de España, Galicia ou Redondela e bisbarra. Así, mentres no estado español o dato correspondente ao paso mes é positivo con 14.688 parados menos, en Galicia a cifras volver deixar un incremento notable, con 4.588 persoas máis en toda a comunidade respecto do mes anterior o que supón un incremento do 1,88%.
Xa no ámbito local se analizamos o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos comprobamos que a creación de emprego permanece estancada na nosa contorna máis próxima. Así, Redondela é o concello, dos catro que conforman a bisbarra que presenta un mellor comportamento con 24 desempregados menos respecto ao mes de outubro sendo actualmente 2578 as persoas en busca de emprego. Tamén un lixeiro descenso foi o que se produciu en Fornelos, son a día de hoxe 202 persoas inscritas nas listado do paro, dúas menos que en outubro.
Pola contra, en Soutomaior e pazos sobe o número de desempregados, no primeiro caso son 841 os parados inscritos, 21 máis que hai trinta días, mentres en Pazos o número de inscritos sufriu un incremento de 13 persoas sendo a día de hoxe 439 as desempregadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará