Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha nova vitoria afianza ao Construcciones Castro no terceiro posto da categoría

RR_Noticias

Chapela e SAR afrontan na vindeira xornada unha cita salientable nos seus calendarios, un derbi que se disputará na bomboneira e no que os dous equipos tentarán amosar a súa afección o mellor de si. Chegan a esta cita cos ánimos ben diferentes, o Chapela logo dunha avultada vitoria ante o Granitos Ibéricos por 26-20, mentres que a SAR malia manterse no cuarto posto da categoría chegan tocados logo da derrota por 36-30 ante o Acanor Novas.

Vitoria para o Construcciones Castro nun partido no que malia a diferencia por seis goles aos de Chapela costoulles máis do previsto vencer ao Granitos Ibéricos Carballal. Foi sobre todo nos últimos minutos do encontro cando o Construcciones fixo valer a súa superioridade ata chegar a ese definitivo marcador 26-20.
Avultada derrota para a Sar que caía por 36-30 ante o Acanor Novás. Dende o primeiro momento os locais amosaron a súa superioridade chegándose ao descanso cunha importantes diferenza de 20-12. No segundo tempo nada puideron facer os xogadores da SAR para acortar distancia chegándose ao remate co contundente marcador final a favor dos locais.
Afianzados na terceira e cuarta praza da primeira nacional. Os equipos de Redondela vivirán na próxima xornada o primeiro derbi da tempada, partido que se disputará na bomboneira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará