Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Feira extraordinaria en Redondela marcada polo regreso dos ambulantes “desterrados”

RR_Noticias

Este martes 2 de decembro celébrase no noso concello unha feira extraordinaria co obxectivo de compensar aos ambulantes pola que non se puido celebrar o pasado 21 de xuño debido a que o espazo no que se instalan os postos dos feirantes nesa data estaban ocupados polas atraccións da Festa da Coca. Unha feira especial xa que participarán tamén os “xitanos zamoranos” que veñen de regresar logo dun exilio de 22 días.

Unha feira a de mañá que cobra especial relevancia xa que regresan ao traballo os ambulantes desterrados logo dun conflicto coa cooperativa de vendedores que preside Sinaí Giménez e que os levou a un exilio de 22 días por terras de Castela e Euskadi. A responsable de Feiras e mercados de Redondela, Erminda Quelle estima que serán entre 8 e dez os postos que presiden estes vendedores e que finalmente estarán tamén operativos na xornada de mañá logo do retorno destes xitanos que residen en lugares como Porriño e Tui. Respecto do conflito existente asegura a edil que en Redondela foron conscientes da problemática dende o inicio do mandato polo que se procedeu a  “elaborar no 2012 un regulamento no que se establece a titularidade individual dos postos co cal se evita que estean en mans de cooperativas que poidan negociar e lucrarse ilegalmente con eles”. Neste mes de decembro haberá 3 feiras en Redondela a extraordinaria do día 2 e as habituais os días 6 e 21. Espérase que con esta medida se incentiven as vendas nun sector que neste ano estivo moi castigado polas inclemencias do tempo. A maiores, na fin de semana dos días 13 e 14 de decembro celebrarase unha feira de artesanía na praza da constitución con obxectos propios do Nadal e outros elaborados de xeito artesanal.  

Erminda Quelle edil de Feiras e mercados
Unha feira compensatoria
Problemática cos feirantes
A normativa existente evita posibles infrraccións coa titularidades dos postos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará