Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en Chapela para aprender a Educar con responsabilidade

RR_Noticias

O Multiusos do Piñeiral acolle hoxe ás 19:30 horas unha charla baixo o título “Límites e normas. Educar con responsabilidade” na que se abordarán cuestións tales como a adquisición de hábitos e liberdades por parte dos menores, o perigo da desinformación e as falsas crenzas sobre as drogas ou o papel de pais e nais á hora de establecer normas.

Angeles Montero, coordinadora do programa de prevención Alborada, será a encargada de conducir a charla e aclarar todas aquelas dúbidas que os proxenitores formulen sobre as normas de comportamento, a formación de hábitos ou a adquisición de maior liberdade por parte dos nenos consonte van madurando. Falarase tamén de cando aplicar castigos e como resolver conflitos.
Unha actividade enmarcada dentro do programa que dende a Concellería de Servizos Sociais se está a desenvolver nos diferentes centros educativos do concello encamiñado a previr o consumo de drogas entres os máis novos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará