Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS colider da Liga Galega logo de vencer ao Leis

RR_Noticias

O Redondela consegue sumar unha nova victoria ante o Leis Marcón, tres puntos que os sitúan colíderes da Liga Galega con 22 puntos, xunto a outros dous equipos, A Quinta de Tui e Autos Leiros C. Mos. Peor sorte correu o Campito que caía ante o Luar por 7-5. Na autonómica Norte vitoria para o Arealonga por 6-3 co Arzúa.

O Redondela FS vencía ao Leis Marcón, un equipo moi novo que llo puxo difícil aos de Julio Mougán quen malia todo fixéronse coa vitoria por 4-2. Os visitantes amosaron a súa calidade de xogo nun encontro que tivo moitas alternativas sobre todo ante a incapacidade dos locais cara o gol. Na vindeira semana o Redondela volverá xogar como locatario, farao ante o García Araujo.
Peor sorte correu o Campito, o outro equipo redondelá que milita na Autonómica Sur. Xogaban no campo do Luar e perdian por 7-5. Na vindeira semana volven xogar fora da casa e fano precisamente co Leis Marcón, un equipo moi necesitado de puntos xa que son segundos pola cola.
Por último, na autonómica norte quedámonos co Arealonga, que vencía por 6-3 ao Arzúa. Situados na oitava praza da categoría teñen na vindeira semana un partido complicado, xogan fora e fano no campo dos terceiros, o Bóveda-Magma.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará