Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde seduce co I Recital de Poesía Erótica

RR_Noticias

Dez poetas serán os encargados de poñerlle letra a este festival de poesía que se organiza por primeira vez en Saxamonde baixo a dirección de Luisa Cayetano. Unha actividade aberta a quen queira achegarse o domingo 23 a partir das 18:30 horas no Centro Cultural Chan das Pipas. Un recital poético que se completa cunha proxección documental e unha exposición de pintura.

Os recitais correrán a cargo dos poetas Conchita Lloria; Dossy Domaher, Alberto Reverter, Lúa, Montse Copa, Amrlia H. de Barrio, Carmeliña G. Pereira, Mani Braga, Luisa Cayetano e Visyboop. A velada contará tamén coa proxección do vídeo documental “El lenguaje del abanico” e completarase cunha mostra da acuarelistas Marta Docampo, quen realizou unha serie de ilustracións que comentan en imaxes o poema de Alonso Montero “Os Cabazos”. Unha actividade que conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Comunidade de Montes de Saxamonde.     

Luisa Cayetano poeta e coordinadora
Fálanos de como nace a idea de organizar este festival
Programa
Haberá poesía pero tamén pintura e proxeccións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará