Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a humanización de Os Eidos coa creación de espazos verdes e melloras viarias

RR_Noticias

O notable crecemento no número de vivendas e habitantes nos Eidos leva aos nacionalistas a presentar unha moción na que reclaman ao goberno local medidas encamiñadas a incrementar as zonas de esparcemento e lecer no lugar, melloras na seguridade viaria coa construcción de pasos de peóns sobre lombos e unha mellora na limpeza. Solicitan tamén que se inste aos propietarios de solares en construción a desmontar os guindastres e limpar o refugallo.

Unha moción, que se debaterá no pleno da vindeira semana, na que o BNG demanda unha actuación integral en Os Eidos, unha zona que se converteu nos últimos anos “nunha área de expansión do casco urbano” coa construcción de varios bloques de edificios, chegada de numerosas familias e aumento na intensidade do tráfico. Unha situación que se complica aínda máis coa construcción da estación ferroviaria para a futura liña de alta velocidade do Eixo Atlántico.
O notable incremento de veciños trouxo aparelladas unha serie de demandas de carácter social como “zonas de lecer e esparcemento, necesidade de gañar espazo para os peóns e puntos de encontro entre veciños e veciñas, maior atención dos servizos de limpeza e da regulación do tráfico rodado”.
Os nacionalistas critican que o barrio se atope “en situación de abandono porque o Concello carece de actuacións que o dinamicen” motivo polo que demanda dende a administración local a adopción dunha actuación integral orientada a mellorar a calidade de vida no entorno de os Eidos.
Neste sentido presentarán unha moción solicitando a construcción dunha zona de esparcemento e lecer no espazo verde situado entre edificios e a mellora da seguridade viaria co asfaltado, construcción de pasos de peóns sobre lombos e regulación do tráfico no lugar.
Instan tamén ao goberno municipal a que asegure unha maior presenza dos servizos de limpeza municipais e que se inicien conversas cos propietarios de solares para que desmonten os guindastres, os valados e procedan á limpeza de refugallos dos solares.
Finalmente reclaman ao alcalde que inicie conversas cos propietarios de edificios inacabados co fin de acadar “certa harmonía estética” co pintado ou adecuación de fachadas de baixos e edificios sen rematar.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará