Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada aberta sobre cooperativismo e economía solidaria na Casa da Cultura

RR_Noticias

Catro cooperativas sen fins lucrativos enmarcadas dentro da Rede SAL convidan aos veciños a participar dunha xornada aberta que se vai desenvolver o sábado a partir das 9:30 horas na Casa da Cultura. O obxectivo e compartir experiencias e dar a coñecer o traballo que desenvolven este tipo de organizacións. A actividade está dirixida a todas aquelas persoas interesadas na economía solidaria.

A Rede SAL é unha plataforma galega de cooperativas sen fin lucrativos da que forman parte as cooperativas Cestola na Cachola, Tempo de Loaira, Cousas da Terra e os redondeláns Trespés e que nace co obxectivo de “promover e difundir a existencia e posibilidade de creación de cooperativas sen fins lucrativos baseadas na idea do autoemprego como unha opción de vida máis alá da motivación económica” Co gallo de darse a coñecer e poñer en común proxectos e ideas organizan dúas xornadas de formación e debate que se van desenvolver hoxe venres en Lalín e o sábado en Redondela. No noso concello a cita será na Casa da Cultura a partir das 9:30 horas e poden asistir todas aquelas persoas interesadas na economía solidaria. Entre as actividades previstas contarase cos relatorios de Joan Segarra membro da Federación de Cooperativas de Traballo de Catalunya, Rosa Domínguez, directora estratéxica de Grupo Tangente e Solange Hilbert. Avogada social.  

Raquel Doallo Cestola na Cachola
Fálanos do programa do sábado en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará