Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mauro e Loira confían nas súas posibilidades no Campionato do Mundo de México

RR_Noticias

Os nadadores do Rancing Club de Chapela Loira Fernández Guardiola e Mauro Rodríguez Baliña, amosábanse tranquilos ante o seu inminente viaxe a México (partían na xornada de hoxe venres) país no que van participar coa selección española no Campionato do Mundo de natación para deportistas con síndrome de Down. O edil de deportes Jesús Crespo salientaba o esforzo destes deportistas e comprometíase a recibilos “cunha banda de gaitas” no caso de que regresen con medallas.

O edil de deportes estaba acompañado do tenente de alcalde Miguel Angel Alvarez nunha recepción que tiña lugar no concello horas antes de que os nadadores embarcasen rumbo a México onde lles esperan uns días intensos de emocións e competición. Tanto Loira como Mauro confían nas súas posibilidades xa que chegan a estes campionatos avalados por importantes éxitos deportivos nos campionatos de Europa e noutras probas estatais. O presidente do Racing Chapela, Enrique Carro, malia confiar nas opcións destes deportistas logo de demostrar que son os mellores das súas especialidades no Campionato de Europa tamén apunta que entre os rivais atópanse seleccións moi poderosas como “Australia, Estados Unidos ou a selección anfitriona”. Mauro amosábase confiado ante ese rivais e adiantou que van a por todas con un contundente “que se preparen”. Loira, que se medirá ás mellores nadadoras en 100 e 200 bolboreta, 200 estilos, e en 400 e 100 libres, aseguraba estar tranquila ante a súa participación ao máis alto nivel deportivo e adiantaba que no caso de lograr algunha medalla dedicaríalla á súa adestradora que é ademais a súa irmá. O presidente do Racing recoñece que foi “moi difícil” acadar o obxectivo principalmente polas dificultades económicas. Por iso se amosan moi agradecidos ao Concello de Redondela. Jesús Crespo recoñecía que “ante as dificultades a maiores que ten este club respecto doutros equipos e entidades deportivas si tivemos un especial cariños con eles”.  

Jesús Crespo edil de Cultura
Unha banda de gaitas para recibir aos deportistas
Enrique Carro Racing Club
Confía en acadar medalla malia o poderío das seleccións rivais
Mauro Rodríguez nadador
Vai a por todas
Loira Fernández nadadora
Dedicará o triunfo a súa irmá e adestradora

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará