Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sesión de monicreques e contos infantís en Soutomaior

RR_Noticias

A biblioteca Luís Seoane de Soutomaior organiza este xoves ás 17:30 horas unha sesión de contacontos infantís para nenos a partir de cinco anos titulada “Amoriños contei”. A actividade está enmarcada dentro do programa Xoves de Contos que a biblioteca organiza mensualmente co gallo de fomentar o hábito da lecturas entre os máis pequenos. O mércores terá lugar un novo obradoiro a cargo de Elisabeth Hillerud destinado á concienciación sobre a reciclaxe.

“Amoriños Contei” é un espectáculo de monicreques e contacontos de fontes diversas no que destaca a presenza do sentimento amoroso en cada unha das historia: o amor fraternal, de amizade, o dos namorados ou incluso o amor que sentimos por unha zapatillas vellas ou un libro especial. A representación ten unha duración aproximada dunha hora e a entrada é gratuíta.
Por outra banda, hxoe mércores celébrase un novo obradoiro ás 16:15 horas destinados á concienciación sobre a reciclase. Unha actividade que continuarán nos vindeiros mércores con unha sesión de manualidade para a elaboración de cadernos o mércores 12, confeccións de obxectos decorativos o día 19, e xa o último mércores de mes os participantes aprenderán a deseñar e construír paxaros de papel.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará