Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Bloque denuncia os aterramentos a carón do cemiterio de Mañó

RR_Noticias

O BNG responsabiliza directamente ao alcalde de Redondela, Javier Bas, e aos concelleiros de Obras e Medio Ambiente, pola situación creada nunha parcela de 3.000 metros cadrados ao carón do camposanto “que se foi aterrando con terra procedente de actuacións municipais e material que debería ser tratado en centro especializados” Afirman que entre os restos hai baldosas, asfalto, ladrillos e bloques, tubos, plásticos “material que se verqueu neste espazo, tapándoo a medida que se botaba”.

O Concelleiro do bloque, Xoán Carlos González, considera ilegal esta actuación e responsabiliza da mesma ao goberno municipal que ao seu entender “amosa unha incapacidade manifesta na erradicación e eliminación de restos de obras e refugallos”.
Sinala o concelleiro nacionalista que “en contra do sentido común e da normativa medioambiental tanto da Xunta como do propio concello”, dende o goberno de Javier Bas empregaron este espazo da parroquia de Quintela para botar todo o seu lixo.
Considera igualmente gravísimo que “o propio concello, a propia administración local, careza dun proxecto para levar a cabo este aterro e que no canto de exercer de modelo cos veciños e veciñas, cumprindo a normativa, limítase a actuar ilegalmente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará