Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local consolídase en Primeira Nacional

RR_Noticias

O Construcciones Castro Chapela e o Plastic Omnium mantéñense nos postos de cabeza logo dunha fin de semana onde ambos os dous equipos lograron vencer aos seus rivais. O Chapela vencía pola mínima ao Magope Seis do Nadal nun partido que rematou co resultado de 29-28 e que deixa ao equipo na segunda posición da táboa. No sexto lugar atopamos á Sar logo de vencer cun contundente 23-31 na súa visita ao campo do Bueu.

Partido moi igualado o disputado entre o Construcciones Castro e o Magope nun pavillón de Chapela ateigado de público. Uns afeccionados que asistiron a un encontro  no que o Seis de Nadal foi o claro dominante da primeira parte grazas a súa velocidade que deixaba un marcador favorable aso visitantes (13-15) no descanso. Na segunda parte as cousas cambiaron cun Chapela que mellorou en defensa e que lle deu a volta ao marcador, chegando ao final cun axustado 29-28. O Magope cede a así o liderado e o Chapela sitúase na segunda praza da categoría, posto que deberán defender na vindeira semana no campo do Luceros, equipo tamén forte situado na quinta praza.
Vitoria contundente para a SAR
O Bueu comezou con forza pero nada puido facer ante unha Sar que foi superior e que se impuxo por 23-31. Os de Redondela sitúanse na sexta praza da táboa e reciben na vindeira semana a un rival máis feble, o Cinco Jotas, equipo situado na penúltima praza do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará