Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Apoio unánime á pesca do xeito

RR_Noticias

O pleno de Redondela comprométese a reclamar que a Unión Europea non prohíba a arte do xeito, unha modalidade de enmalle á deriva que se emprega nas rías de Galicia principalmente para a captura artesanal da sardiña. Os grupos da oposición recriminan aos populares non ter actuado con maior contundencia na defensa dos traballadores do mar.

O patrón maior da Confraría de Cesantes, Clemente Bastos, foi o encargado de ler a moción na que denuncia a intención de Bruxelas de promover a prohibición de calquera tipo de redes á deriva, incluído o xeito, cuxas capturas nada teñen que ver coas masivas doutras artes “metendo no mesmo saco artes tradicionais, respetuosas co medio ambiente, sustentables e que practicamente non provocan descartes, xunto con outras que esquilman os mares” Unha moción na que se insta “aos grupos tanto do Parlamento galego, do Congreso dos Deputados e a cada un dos eurodeputados galegos a defender a continuidade do xeito e o aumento das cotas de pesca para as embarcacións do cerco” Reclamaba Bastos este apoio para a que é a día de hoxe “a empresa máis grande de Redondela e a que máis postos de traballo crea incluso en tempos de crise: a confraría de pescadores”. Todos os grupos estiveron de acordo co apoiar estas demandas atendendo a que se trata dunha arte sen impacto ambiental nin biolóxico na peixería da sardiña pero que supón unha importante actividade económica para as 40 embarcacións redondeláns que a levan a cabo. Malia a unanimidade o debate non estivo exento de enfrontamento. Entenden os nacionalistas que se chega a este punto pola deixadez dos populares. Cecilia Pérez Orge responsabilizaba da situación ao presidente da Xunta Núñez Feijoo e a conselleira do mar, Rosa Quintana, por non ter trasladado ao goberno español e europeo as demandas do sector pesqueiro galego. Criticaba tamén que noutras arte como a do cerco “os vascos teñan máis cota cos galegos malia teren menos embarcacións porque teñen un goberno que si defende os seus intereses”. Insistía na necesidade de garantir que a pervivencia da pesca do xeito “unha pesca que se fai con xeito, con cariño e sen prexudicar o medio mariño”. Os socialistas criticaban tamén aos populares a súa deixadez en política pesqueira por non ter presentados alegacións e normativa que a Unión Europea aplicará no vindeiro ano e que de continuar adiantes nos termos actuais prohibiría aos xeiteiros continuar coa súa actividade, segundo dixo o edil Eduardo Reguera. Unha críticas que os populares rexeitaron. Aseguraba o popular Miguel Angel Alvarez Ballesteros que a Xunta presentou alegacións cando tivo que facelo pero que agora é tempo non de política senón de amosar o seu apoio aos traballadores do mar. Os xeiteiros defenden este tipo de arte que ten máis de cen anos de historia e insisten a súa pouca repercusión no TAC da sardiña, xa que as capturas dos barcos galegos, de unha ou dúas persoas, son mínimas e que a decisión de Bruxelas e “inxusta” xa que nada ten que ver o xeito coas capturas masivas realizadas con redes á deriva por parte doutro tipo de barcos.  

Clemente Bastos Patrón Maior
Defende a arte do xeito por ser sustentable e tradicional
Maior cota de capuras
Reclaman maiores cotas para as embarcacións de cerco
Defender o futuro da confraría
A maior empresa de Redondela
Alfonso Blanco AER
Entende que non se fixeron ben as cousas en Europa
Cecilia Pérez Orge BNG
Culpabiliza a Xunta de Galicia da situación dos mariñeiros
Unha pesca que se fai con xeito
Así a definen os nacionalisas
Eduardo Reguera PSOE
Acusan aos populares de non ter presentado alegacións
MIguel Angel Alvarez PP
Os populares aseguran ter estado en todo momento cos maariñeiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará