Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asemblea Redondelá de Estudantes convoca unha “concentración antirepresiva” no concello

RR_Noticias

A protesta terá lugar o sábado 1 de novembro na praza do concello e o motivo é manifestar o seu rexeitamento ao acontecido o pasado 23 de outubro cando este colectivo estudiantil tiña convocada unha manifestación en contra da Lomce, unha protesta que finalmente non realizaron logo de verse “amedrentados” pola presenza de “6 furgón da UIP e máis de 50 axentes da policía”.

Aseguran os representantes de ARDE que eran un cento de estudantes os que nesa xornada decidiron finalmente non realizar a manifestación porque os policía mobilizados – 7 furgóns de policía con máis de 50 axentes- ameazaron e trataron de amedrentar ao estudantado en todo momento “e sen conformarse con impedir a celebración da manifestación, identificaba a todo aquel que quería marchar” segundo denuncian. Ante está situación fan un chamamento a pais, profesores, alumnos e cidadanía en xeral a participar nunha “concentración antirepresiva” o sábado 1 ás 19:30 horas diante do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará