Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos para adultos en Chapela

RR_Noticias

A Biblioteca de Chapela celebra hoxe unha actividade de contacontos para adultos que gozarán co espectáculo da experta contadora Fátima Fernández. Desta vez achegaralles os seus “Contos susurrados” aos maiores da parroquia. Unha actividade e balde esta tarde 27 Outubro ás 18:00 h., na Biblioteca de Chapela. A entrada será libre, ata completar aforamento

Contos baseados na tradición oral, lendas da nosa contorna, ditos populares para rir, para a nostalxia e para a emoción serán so protagonistas do espectáculo que Fátima Fernández ofrecerá hoxe en Chapela.. A actividade terá lugar grazas ao programa Ler conta moito, promovido pola Rede de Bibliotecas de Galicia (Xunta de Galicia) Continúa ademais nas bibliotecas municipais a campaña “Libros solidarios”, unha campaña de intercambio de libros por alimentos está aberta a calquera cidadán que queira colaborar cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Un contacontos para adultos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará