Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Animales sin hogar de Redondela traballa na esterilización e adopción de gatos de rúa

RR_Noticias

Levan seis anos traballando na defensa dos animais abandonados, principalmente os gatos que malviven na rúa e que eles recollen, desparasitan e esterilizan para logo dar en adopción. Son o colectivo Animales sin hogar Redondela e agora veñen de dar un novo pulo á asociación grazas a súa presenza nas redes sociais que lles permite chegar a máis veciños e espallar as súas campañas de concienciación e recadación de fondos.

A presidenta da asociación Mª Carmen Corugeira lembra o traballo que leva desenvolvendo durante máis dun lustro nas rúas da vila e que non sempre é comprendido polos propios veciños e sobre todo polas autoridades “que lonxe de botarnos unha man aínda nos poñen trabas porque prefiren chamar a unha empresa para que se leve aos animais que logo son sacrificados”. Corugeira defende que eses animais, sobre todo os gatos que son cos que máis traballan, deben ter unha oportunidade motivo polo que inviste os seus cartos e tempo en darlles de comer, esterilizalos e desparasitalos. Unha labor na que conta tamén co apoio doutras persoas sensibilizadas con este traballo. Actualmente teñen en marcha unha campaña de recollida de latas (envases de refrescos, tomates, atún…) que logo serán enviados a unha empresa de reciclaxe que lles paga uns céntimos por cada kilo entregado “un xeito de lograr cartos cartos para asumir o custe que supón tratar aos animais”. Un dos seus obxectivos é lograr un terreo no que poder coidar a todos os gatos recollidos pero tamén fan un chamamento a todos aqueles veciños que queiran colaborar con eles a facer doazón de comida, pensos, area para gatos ou calquera outro produto que poida ser útil. Para a recollida dese material contan coa colaboración do establecemento Arco iris, unha tenda de roupa infantil na rúa General Rubín. Ademais teñen tamén colocadas huchas noutros 50 establecementos.  

Mª Carmen Corugeira Animales sin hogar
A presidenta do colectivo fálanos do traballo que realizan
Recollida de latas
Teñen en marcha unha nova campaña
Doazóns
Todos os que queiran poden colaborar achegando comida para gatos area pensos
Promover a adopción
A adopción e a esterilización é a solución ante o abandono de animais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará